Etiquetas

jueves, 13 de octubre de 2011

A Entrevista (Ángel Deprada Fenández)

Nome: Ángel Deprada Fernández
Nacido o: 26/05/1996
De: Verín
Posición: Mediocentro

Unha cor: Vermella
Unha comida: Macarróns
Unha bebida: Kas de limón
Un número: 8
Un equipo: FC Barcelona
Un libro: Enigma en Pueblosolo
Unha película: Invictus
Un xogador: Andrés Iniesta
Un adestrador: Iago Lantes
Un hobbie: Os videoxogos
Unha manía: Calzar sempre a bota dereita antes ca esquerda.
Un gol: Gol de Iniesta na semifinal da Champions contra o Chelsea.
O teu mellor gol: Pois ata o momento o único: Nun remate logo dun córner fronte o Arenteiro a pasada xornada.
O partido do que mellor recordo tes: Cando lle gañamos ó Ribeiro en liga na casa o ano pasado por 2-0.
O partido do que peor recordo tes: A derrota do ano pasado 1-0 contra o Ourense despois de que o equipo fixese un gran partido.
O mellor xogador co que xogaches é: É imposible decidirse por ningún. Teño uns compañeiros fantásticos.
O mellor compañeiro de vestuario que tiveches é: Fernando Martín, Roi Borjas....
Unha anécdota que nunca olvidarás: Cando a algun dos meus compañeiros se lle esquecen as botas na casa.
Eres xogador porque: Disfruto xogando cos meus compañeiros e amigos
O mellor de ser xogador é: Poder disfrutar das victorias con todo o equipo.
E o peor: Sen dúbida as lesións
Un recordo: Cando os meus compañeiros levaron camisetas de ánimo despois da miña lesión o ano pasado
Un soño: Lograr moitos exitos con este equipo
Unha frase: "Non é mais rico o que máis ten, se non o que menos necesita"



Fálanos brevemente a cerca da túa traxectoria no fútbol: Xoguei ao fútbol sala durante toda a miña vida  e dende o ano pasado xogo nos cadetes das Escolas Deportivas.


Como ves ó grupo dos cadetes este ano?: Temos un equipo moi competitivo e completo. Podemos optar a todo se o afrontamos con ganas e concentración.


Vimos unha clara melloría no partido co Arenteiro, qué tal o fixo o equipo dende o teu punto de vista?: Cambiamos a imaxe que demos no partido anterior fronte ó Promesas, pero tamén é certo que tivemos máis sorte de cara a portería que nese partido.


Guiándote por estas xornadas, que opinas do nivel desta liga?: Creo que hai unha diferencia bastante grande entre os equipos. O Ourense parece estar moi forte, pero hai outros equipos como o Arenteiro ou o Antela que están a gran nivel.


Cales pensas que poden ser os obxectivos para esta tempada?: Penso que temos equipo suficiente como para optar a todo, pero debemos ir pouco a pouco.


Esta semana ides a Celanova, como ves a este rival?: É un bo equipo que se atopa porriba de nos na clasificación, a súa única derrota foi contra o Ourense esta semana e intentarán facer un gran partido.


Fai a túa a posta e nomea os equipos que ó teu parecer quedarán entre os 5 primeiros: Verín, Ourense, Arenteiro, Antela e Celanova

No hay comentarios:

Publicar un comentario