Etiquetas

viernes, 23 de septiembre de 2011

PONTE OURENSE B 2 - 5 VERÍN

Os cadetes do Verín superan sen problemas o primeiro partido da temporada e ante un rival, a priori, bastante compricado... Vemos agora o pequeno resumo da web do Verín CF


Partido xogado a tarde do sábado no complexo deportivo de Oira; era a estrea en partido oficial dos cadetes e certo é que non defraudaron...
Foron superiores na maior parte do encontro e así quedou plasmado no resultado. (2-5)
0-1 Jose Luis, empuxando o rexeite do porteiro tras un gran tiro de Pablo.
1-1 O Ponte empataría a balón parado a 3 minutos para o final da primeira parte.
1-2 Edu adiantaría ós cadetes de novo con un golazo dende fora da área imposible para o porteiro.
1-3 Sergio recolle o rexeite dun tiro anterior de Jose Luis e non falla.
1-4 Un contrario introduce o balón na súa propia portería despois dunha xogada persoal de Ángel.
2-4 Os locais recortan distancias nun córner embarullado.
2-5 De novo Sergio remacharía un gran centro de Enrique por banda dereita.

O próximo partido será na Granxa fronte o Allariz, a hora aínda está por determinar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario