Etiquetas

lunes, 17 de diciembre de 2012

Verín 1-3 A Rúa

       Primeira derrota dos Cadetes no playoff polo título.
       O partido comezaba ben para os nosos, tiñan o balón, os visitantes presionaban á altura do mediocampo e creaba ocasións. Nunha delas, Lingri quedábase só contra o porteiro e colocaba o balón no fondo da rede cun tiro cruzado. Os locais mativeron o dominio ata o minuto 30, cando foi A Rúa a que empezou a presionar e a crear perigo na porta do Verín. A piques de rematar a primeira parte e duns rexeitas na área, un dos xogadores visitantes metía o balón pola escuadra, anotándoo 1-1e  dándolle un golpe moral ó Verín.
        Despois da reanudación, os dous equipos xeraban oportunidades e a mediados da segunda parte, comezaron os cambios por parte dous dous equipos. Nunha xogada aislada pola banda no minuto 73, o 9 da Rúa recortaba na liña de fondo e despois de darlle dunha maneira estraña ó balón, saílle un recorte tiraba e, un compañeiro, empurraba o balón na liña de gol. O locais, tocados polo 1-2, foron á ofensiva, no último minuto, os visitante metían o 1-3 definitivo.
        O Verín, tras esta derrota, colócanse sextos na táboa, con 2 puntos despois dos empates contra o Arrabaldo en casa e contra o Barbadás B nos Carrís.

 11 inicial : Eddy, Íñigo (C), Alfredo, Teixeira, Xocas, Ívori, Enrique, Félix, Lingri, Manu, Moro.
Suplentes: Rúben, Luis, Marcos, Miguel, Prieto













No hay comentarios:

Publicar un comentario