Etiquetas

miércoles, 21 de agosto de 2013

Un cambio no blog

       Esta é a última entrada que farei para este blog e espero que na persoa na que delegue esta páxina poña tanto interés e dedicación como o que eu intenteille pór.
       Para min, foi unha honra ser o "organizador" do blog e vivir as experiencias que vivín co grupo de rapaces co que formaba o equipo e cos dous entrenadores que pasaron polo noso banquillo. Un equipo do que dende un principio esperouse moito, debido os resultados colleitados a temporada anterior (Campeóns de Liga, 1ªRonda de Playoff de Ascenso a Liga Galega e semifinais da Copa Deputación) e malia que non se acadaron, nos últimos partidos xogados demostrouse un alto nivel de xogo.
       A maioría dos integrantes do equipo quedan na mesma categoría, e confío en que se se xuntan a calidade que teñen, o nivel de madurez co que se chega con 15 anos e as gañas de gañar que se teñen nesta idade, poden chegar moi lexos. Pola miña parte, doulles dous consello: Dádeo todo no campo e loitade polo que queredes.
       Doulles as gracias as duas persoas que nos adestraron este ano, Iago e Luis. Tamén a Julio polo seu papel de delegado. E a Dani, a Baladrón, a Pepe, a Javi, a Patolas, persoas  que traballan polas instalacións e polo benestrar de todos os equipos da Escolas Deportivas.
       Un saúdo:
                      Íñigo Rolán Taboada
      

No hay comentarios:

Publicar un comentario