Etiquetas

domingo, 25 de septiembre de 2011

VERÍN 3-0 ALLARIZ

Pésimo partido dos cadetes no que a pesar dos numerosos trocos na alineación e o pobre xogo foron capaces de sacar adiante e gañar por tres goles a cero.

O primeiro gol chegaría logo dunha incorporación por banda do lateral dereito Pablo (sendo sen dúbida o mellor do partido por parte dos locais) que este mesmo finalizaría logo de que o seu primeiro tiro fose rexeitado polo porteiro.

No que restou da primeira parte, os nosos cadetes chegarían con maior frecuencia e creando sempre perigo á meta rival pero sen acerto.

Co 1-0 chegaríamos ó descanso.

A segunda parte non daría moito máis que falar ata que Iago fixo algúns trocos e introduciu a Sergio no interior dereito.
Este xogador sería o encargado de por os últimos dous goles; o primeiro de cabeza nun córner e o segundo culminando coa punta do pé unha boa xogada por banda.

Segunda victoria consecutiva do Verín que permite ir situándose nos postos de cabeza nestas primeiras xornadas.

A semana que ven visitamos Os Remedios onde se prevé un partido difícil fronte ó Pabellón Promesas no que se queremos gañar vai haber que dalo todo e máis. Ánimo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario