Victoria moi sufrida dos cadetes nos Carrís...
Pronto se puxeron por diante os nosos no marcador por medio de Luis; e non moito despois Iván faría o segundo e poría o partido bastante de cara...
Ós dez minutos de que o Verín fixera o segundo, o Barbadás, logo dunha falta lateral recurtaría distancias; e na seguinte xogada o árbitro asubiou un penalti a favor dos locais, moi dubidoso, todo hai que dicilo...
Pero antes do descanso Iván volvería a adiantar ós cadetes no marcador...
Na segunda metade o Verín seguiu dominando e pronto chegaría o cuarto gol, unha vez máis de Iván, que facía así un hat-trick.
Estos dous goles de vantaxe serían neutralizados polo Barbadás a 10 minutos do final...
Co 4-4 no marcador apareceu a cabeza do goleador do equipo, Sergio González, quen tras un bo centro de Antonio rematou por toda a escadra...
Así rematou o encontro... Unha victoria moi sufrida da que quizáis so se saquen cousas negativas... Hai que seguir traballando! Moita sorte para o resto de partidos! A semana que ven, visita a Granxa o Maceda...
((Ai se eu te pego!))
No hay comentarios:
Publicar un comentario