Etiquetas

sábado, 15 de octubre de 2011

Celanova 0-2 Verín

Importantísima victoria dos cadetes en Celanova!
Partido moi duro no que a pesar de non facer un fútbol especialmente bonito os nosos conseguiron os tres puntos...

Na primeira metade o encontro foi un ir e vir de balóns... O Verín puídose adiantar no marcador pero o gol non chegou... Pola parte dos locais tampouco houbo moitas ocasións salientables e chegaríamos ó descanso 0-0.

Xa no primeiro tramo da segunda parte o Celanova puido marcar o primeiro logo dun erro defensivo, pero Jose Carlos estivo atento e interceptou o disparo!

Pouco despois nun córner sacado por Antonio, Edu remata de cabeza ó fondo das redes; facendo o 0-1.

Foi entón cando entrou no campo Sergio, máximo goleador dos nosos, e xa no seu primeiro córner enchufou o seu sexto gol en cinco partidos. (Ver Fotos)

A partir dahí o encontro non tivo moito máis do que falar... O segundo gol deixara todo sentenciado... Finalmente, logo do desconto o árbitro pitou o final!

Tres puntos importantísimos que deixan ós cadetes nos postos máis altos da clasificación... A próxima semana visita A Granxa o Xinzo; un rival de novo moi duro que se atopa tamén na zoa alta!

                                      (Córner e celebración no gol de Sergio)

No hay comentarios:

Publicar un comentario