Etiquetas

martes, 25 de octubre de 2011

A Entrevista (Carlos Araújo Álvarez)


Nome: Carlos Araújo Álvarez
Nacido o: 18/03/97
De: Verín
Posición: Porteiro
Unha cor: Azul
Unha comida: Macarróns
Unha bebida: Coca-Cola
Un número: 1
Un equipo: Real Madrid
Un libro:  "La Caída de los Gigantes"
Unha película: Malditos Bastardos
Un xogador: Wayne Rooney
Un adestrador: Mourinho
Un hobbie: Escoitar música
Unha manía: Teño moitas...
Un gol: O de Iniesta na final do Mundial
O teu mellor gol: Son porteiro (jajaja) 
O partido do que mellor recordo tes: Contra o Barbadás na casa o ano pasado, fixen o meu mellor partido... Pero inda así perdemos
O partido do que peor recordo tes: Contra o Ourense en liga, metéranme 10 goles...
O mellor xogador co que xogaches é: Non sabería que dicir
O mellor compañeiro de vestuario que tiveches é: Aharón Segador
Unha anécdota que nunca olvidarás: A tangana que tivemos a temporada pasada en Celanova
Eres xogador porque: Divírteme o fútbol
O mellor de ser xogador é: As victorias
E o peor: Os entrenamentos
Un recordo: As semifinais da Copa Deputacion do ano pasado contra o Ourense
Un soño: Xogar en Primeira
Unha frase: " El espectáculo debe continuar, decidas o no interpretar un papel"


Resúmenos a túa carreira futbolística:
Empecei dende moi pequeno no Verin de futbol sala, e aos 11 anos entrei nos alevins de futbol 7, ata hoxe que estou nos cadetes das Escolas.

Que tal ves ó equipo este ano?: 
Creo que podemos conseguir grandes cousas esta temporada, xa que de momento estase vendo un equipo bastante logrado.

Esta pasada xornada ganásteslle ó Xinzo, qué che pareceu o partido?: 
Empezamos bastante ben, con seguridade atrás, eles tiveron un par de ocasións na primeira metade nas que non puideron anotar gol. Metemos dous bos goles antes do descanso, o que fixo un segundo tempo máis tranquilo. A verdade, esperaba algo máis do Xinzo...

Sen duda levades un comezo de liga extraordinario, qué opinas disto?: 
Penso que soamente é o comezo, aínda queda moita liga por diante, non hai nada asegurado e vai haber que pelexar moito.

Qué opinas do nivel dos outros equipos?:
De momento, non tivemos unha gran dificultade en gañar estes partidos.. excepto con Pabellon Promesas, que por un par de fallos non conseguimos o resultado esperado...

A próxima xornada visitades Barbadás, como crees que debedes afrontar este encontro?:
 Con moitas ganas de seguir puntuando e manterse ahí arriba, pero sobre todo sen confiarse porque con estos equipos sempre poden aparecer partidos complicados...

Fai a túa aposta, quén ocupará as primeiras 5 plazas da clasificación? 
Ourense, Verin, Celanova, Antela, Arenteiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario