Etiquetas

jueves, 20 de octubre de 2011

A Entrevista (Iván Gómez Blanco)


Nome: Iván Gómez Blanco
Nacido o: 04/06/1997 (1º ano)
De: Verín
Posición: Mediocentro


Unha cor: Amarela
Unha comida: Canelóns
Unha bebida: CocaCola
Un número: 2
Un equipo: FC Barcelona
Un libro: O Quixote
Unha película: Os Simpson
Un xogador: Lionel Messi
Un adestrador: Pep Guardiola
Un hobbie: Correr
Un gol: Iniesta na final do mundial
O teu mellor gol: Aínda non tiven a sorte de marcar ningún... Espero poder facelo pronto.
O partido do que mellor recordo tes: A semifinal de copa do ano pasado en infantiles fronte o Ourense.
O partido do que peor recordo tes: A final dese mesmo ano que perdimos fronte o Ribeiro
O mellor xogador co que xogaches é: Pablo Pérez
O mellor compañeiro de vestuario que tiveches é: Brais Quintairos
Unha anécdota que nunca olvidarás: Todas as bromas que cada día facemos no vestiario...
Eres xogadora porque: Pásoo xenial e divírtome xogando
O mellor de ser xogador é: Pasalo ben e facer deporte, que nunca ven mal
E o peor: Teño por costume non pensar no negativo.
Un recordo: Todos e cada un dos momentos que paso cos meus compañeiros
Un soño: Chegar a ser algo neste deporte
Unha frase: "A unión fai a forza"


Fálanos brevemente a cerca da túa traxectoria no fútbol: 
Comecei xogando no alevín 2 anos, despois pasei a infantiles outros dous anos e agora estou no primeiro ano de cadetes... De pequeno tamén estiben en fútbol sala.

Que sensacións te transmite o equipo deste ano? 
Creo que temos un equipo que pode optar a grandes cousas, e por suposto vamos a loitar por conseguilo!


O de Celanova era un partido muy importante... 
Danos a túa opinión sobre qué tal o fixéstedes:

Foi un partido moi duro e moi difícil, con un campo no que era imposible xogar o fútbol; e de feito os nosos dous goles foron a balón parado... 


Analizando ós equipos cos que xa xogástedes... Qué te parece o nivel desta liga?


Pareceme que hai un moi bo nivel no noso grupo, con grandes equipos que te poden plantexar partidos moi complicados. 

Cales son os obxetivos para esta temporada? 
Persoalmente creo que os nosos obxetivos este ano son: loitar por todo con todas as nosas forzas e poder lograr algo grande... 

Na seguinte xornada visítavos o Antela... Cómo afrontades o partido e qué che parece este rival? 
Afrontámolo como un dos máis importantes posto que é un rival moi directo... Ademáis se gañamos afianzarémonos un pouco máis nos postos de cabeza. 

Fai a tua aposta sobre cales van ser os equipos que queden entre os 5 primeiros: 

Verín, Orense, Antela, Arenteiro e Celanova.


No hay comentarios:

Publicar un comentario