Etiquetas

jueves, 6 de octubre de 2011

A Entrevista (Adrián Teixeira Romero)


                                      
Nome:Adrian Teixeira Romero
Nacido o: 15/10/1997 (1º ano)
De: Albarellos
Posición: Central


Unha cor: Morado
Unha comida: Macarróns
Unha bebida: Coca-cola
Un número: 10
Un equipo: Real Madrid
Un libro: O aprendiz de druída (MEGATOXOS)
Unha película: Los Simpsons
Un xogador: Mesut Özil
Un adestrador: José Mourinho
Un hobbie: Escoitar boa música
Unha manía: Protestar
Un gol: Iniesta na final do Mundial
O teu mellor gol: Na fase de ascenso fronte o Figueirido (De cabeza)
O partido do que mellor recordo tes: Contra o Ponte na volta da Copa Deputación que remontamos e clasificámonos (5-0)
O partido do que peor recordo tes: Nesa mesma eliminatoria o partido de ida no que perdimos 5-1
O mellor xogador co que xogaches é: Non vou dicir ningún nome, xa que a base do equipo son todos non só un xogador
O mellor compañeiro de vestuario que tiveches é: Jose Salgado, Brais Quintairos...
Unha anécdota que nunca olvidarás: Cando o ano pasado me puxeron grapas na cabeza e xoguei varias xornadas con elas...
Eres xogador porque: Disfruto deste deporte
O mellor de ser xogador é: Ter compañeiros e facer o que me gusta.
E o peor: As patadas e as bromiñas do vestuario...
Un recordo: As dúas finales de Copa ás que chegamos.
Un soño: Prefiro non soñar
Unha frase: "Nunca caminarás solo"

Cóntanos brevemente a túa traxectoria no fútbol:

Comecei de pequeno no Verín de fútbol sala, en alevíns entrei no Verín CF e agora ando nas Escolas Deportivas.


Ti que o ano pasado estabas en infantiles, como ves ó equipo esta temporada?:
Paréceme que estamos bastante fortes; temos moi bo equipo para poder competir en condicións...

Pensando nestes 3 primeiros partidos, qué opinas dos cadetes?:
A pesar do tropezón do último partido creo que podemos chegar moi alto...

Analizando os vosos opoñentes e vendo os resultados dos outros encontros, qué opinas do nivel da categoría?:
Hay unha gran diferenza entre os equipos... Podes gañar un partido moi fácilmente e na seguinte xornada pasalo mal... Ó xuntar as dúas ligas atopas equipos moi descompensados...

Cal crees que poden ser os obxetivos do equipo esta temporada?:
Debemos ir pouco a pouco, pero temos un equipo que pode loitar por todo.

Cómo afrontades a seguinte xornada, na que vos visita o Arenteiro?
Moi concentrados, e sobre todo con gañas de arreglar o desastre da última xornada... 

Fai a túa aposta e coloca ós equipos que ti crees que rematarán entre os 5 primeiros:
Ourense, Verín, Arenteiro, Antela e Promesas.


A semana que ven seguiremos o martes con Antonio Teixeira e o xoves con Ángel Deprada!

No hay comentarios:

Publicar un comentario