Primeira derrota dos cadetes nesta temporada... A sorte non acaba de acompañar ós nosos e cederon os 3 puntos ante un rival que semellaba inferior...
Na primeira parte do partido o Verín foi moi superior e tivo tres ocasións clarísimas que Sergio só ante o porteiro non atinou a definir; ademáis de varias ocasións a balón parado nas que o balón se negou a entrar...
Mentres tanto o Pabellón no primeiro achegamento de perigo fixo o 1-0.
Sería imposible pola nosa parte intentar disimular a mala actuación arbitral nalgúns momentos do partido onde nos foi anulado un gol e non foi pitado un penalti que hasta os contrarios daban por sinalado...
Co 1-0 chegabamos ó descanso.
Na segunda parte o Verín pareceu comezar máis enchufado e con gañas de sacar adiante o partido, pero un erro do noso porteiro devolveuno á crúa realidade... O Promesas puña terra de por medio co 2-0.
Iago introduciu varios trocos e faltando 20 minutos Sergio logo do rexeite dun córner colocaba o 2-1 devolvendo as esperanzas de remontada.
Os nosos viñéronse arriba e o gol parecía estar cerca, pero de novo logo dunha falta de entendimento entre a defensa e o porteiro os locais sentenciaron o partido.
Co 3-1 remataba o encontro e os cadetes perdían o seu primeiro partido nesta liga...
http://www.pabelloncf.com/index.php?id=33&tx_ttnews[tt_news]=1735&cHash=99f5d9534c0d59c0c8e732fea024ac8a Aquí podedes ver a pequena crónica do Pabellón.
A semana que ven visita a Granxa o Arenteiro, un moi bo equipo que ata o momento foi o único capaz de plantarlle cara ó todopoderoso Ourense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario