Etiquetas

domingo, 9 de octubre de 2011

VERÍN 4-1 ARENTEIRO

Primeiro evento importante dos cadetes nesta tempada solventado con un gran resultado.
Visitaba A Granxa un dos equipos máis prometedores desta 1ªAutonómica, o Arenteiro. Que viña de perder pola mínima frote o Ourense e que sen dubida ía plantexar un partido moi duro ós nosos...
O partido comezaba con un gran ambiente nas gradas (aproveitamos para dar as grazas a todos os aficionados verinenses e tamén aquelas persoas que se desprazaron dende O Carballiño).

Xa nos primeiros minutos de partido o Verín comezou máis enganchado e non tardaría moito en inaugurar o marcador; xa que logo dun preciso pase ó oco de Ivori, Pepe estrearíase nesta liga definindo a portería baleira logo de ser rexeitado o seu primeiro tiro.

Pouco despois, e logo dunha xogada por banda tamén de Pepe, Iván cabecearía a pracer o seu centro facendo o 2-0.

O Arenteiro non inquietaría demasiado a meta local neste primeiro tempo; cousa que os nosos aproveitaron e colocaron o terceiro tanto antes do descanso. Logo dun barullo na área pequena tras botar un córner, Ángel coa punta da bota finalizaría a xogada e deixaría o partido moi de cara para os nosos.

Co 3-0 chegabamos ó descanso.

Ós poucos segundos de comezar o segundo tempo, e tras un gran erro defensivo, o Arenteiro recurtaría distancias impoñendo o 3-1.

Nesta segunda parte o Arenteiro viríase arriba a tentar a remontada pero sen crear moitas ocasións claras... Pola outra parte, o Verín contou con bastantes xogadas nas que puido sentenciar o partido... 

Finalmente a falta de 5 minutos para o remate, Jose remata un córner de volea e o balón entra na portería despois de tocar na perna dun central.

O encontro rematou 4-1 e os nosos cadetes colócanse na zoa alta da clasificación só superados polo Ourense, Xinzo e Celanova... Este último rival é ó que visitarán na xornada que ven! 
Partidos sempre moi duros os xogados en Celanova, no que para sacar algo positivo vai a ver que deixalo todo no campo! Moita sorte, e a seguir así!


No hay comentarios:

Publicar un comentario