Etiquetas

domingo, 27 de noviembre de 2011

Ourense 2-1 Verín

Segunda derrota da tempada para os Cadetes... Esta vez fronte o líder.
Partido bastante disputado no que ós 3 minutos xa se adiantaba o Ourense... Despois dun mal despexe da defensa que remata nos pés dun contrario e que define á perfección.
Pouco a pouco os nosos fóronse posicionando e metendo no partido contando con algunha que outra ocasión pero sen acerto...
Este non parecía ser un dos mellores días do Verín...
Chegaríamos ó descanso 1-0 e con varios tiros peligrosos dende o borde da área, ademais dun man a man errado por parte dos visitantes...
Na segunda metade ós 10 minutos o Ourense aumentaría a vantaxe e deixaba case sen opción a un Verín que non fixo, nin moito menos, o seu mellor partido...
Finalmente, xa case morrendo o encontro, Antonio transformaría un penalte que él mesmo provocou.
Con todos os cambios xa no campo e sen tempo para tentar o empate, o árbitro asubiou o final...

Toca seguir adiante e pensar no próximo fin de semana no que visita a Granxa o Ponte Ourense, 3º clasificado e a 3 puntos dos nosos... Indispensable ganar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario