Etiquetas

sábado, 5 de noviembre de 2011

VERÍN 4-1 MACEDA

Tres puntiños que suman unha vez máis os Cadetes! Esta xornada contra o Maceda...

O partido púxose xa de cara na primeira metade para os nosos, xa que ós 20 minutos, Brais remataría unha falta moi ben posta por Antonio, facendo o 1-0.

Pouco despois, Jose Luis empuxaría a gol unha falta colgada de novo por Brais logo dun erro do porteiro...

Xa co 2-0, Iván faría o terceiro a 10 minutos para o descanso...

Pero xusto antes do remate do primeiro tempo o Maceda recurtaría distancias...

Na segunda parte Ángel faría o cuarto despois dunha boa xogada por banda de Pepe...

O encontro chegaría ó final co 4-1 e permite que os nosos continúen seguindo a estela do Ourense...

A semana que ven visitarán Velle, Sorte!

Dende a plantilla dar as grazas a todos os seguidores e pais que pasaron esta tarde pola Granxa, así dá gusto practicar este deporte... Moitas Grazas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario