Etiquetas

sábado, 19 de noviembre de 2011

VERÍN 8-1 STA. TERESITA

O desastre de Velle queda atrás logo da contundente victoria de hoxe!
Semella que os nosos cadetes superaron sen problemas o pinchazo sufrido na anterior xornada e este sábado gañaron 8-1 ó Santa Teresita.

Xa dende o inicio poríase por diante o Verín por medio de Ángel, de penalti, e Iván de cabeza...
Os visitantes recortarían distancias grazas á execución dunha falta; pero xusto antes do descanso Brais logo dunha parede con Ángel faría o 3-1.

Ó comezo da segunda metade, de novo Brais cun disparo dende o borde da área conseguiría o cuarto. 
Despois deste último gol, e cos cambios introducidos no campo o partido tería unha cor dominadora...

Os vermellos aínda celebrarían catro goles máis, obras de Sergio, á saída dun córner; Antonio por partida dobre, un de falta e outro cun tiro dende o borde da área; e Gil ó finalizar unha gran xogada combinativa... 

Co definitivo 8-1 chegaríamos ó final do encontro... 
Importante victoria dos cadetes na víspera do encontro quizáis máis importante ata o momento... A próxima fin de semana enfróntanse ó CD Ourense, actual líder do grupo e que conta todos os seus partidos por victorias... Será a primeira final da temporada, só vale gañar! Moita Sorte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario