Partido xogado no campo de A Granxa, convertido nun auténtico fortín: 21 puntos desputados e 21 puntos gañados como locais!
A primeira parte remataría con un 1-1; primeiro adiantaríanse os nosos por medio de Jose Luis logo de rematar unha falta lateral, pero os visitantes empatarían o encontro a falta de poucos minutos para o descanso nunha contra...
Non sería ata mediada a segunda metade cando Jose, logo dun centro de Sergio, remataría a pracer para encamiñar os nosos á victoria...
Poucos minutos despois, Pepe, que regresaba ós terreos de xogo logo de catro partidos "de baixa", facía o 3-1 grazas, de novo, a un pase de Sergio.
O 4-1 final sería obra de Ángel, ó culminar dentro da área un pase atrás de Sergio: o noso goleador reconvertido neste encontro en asistente...
Cabe destacar a gran actuación de Jose Carlos que sacou in extremis varios goles cantados...
Con esta victoria os nosos Cadetes rematan a primeira parte do campionato segundos e con 5 puntos de vantaxe sobre os terceiros: o Xinzo.
Á volta das vacacións espera un rival moi duro ó que é importantísimo gañar para asegurarse o subcambionato ligueiro... Arenteiro-Verín!
Disfruten das festas e que pasen moi bo Nadal! Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario