Etiquetas

lunes, 5 de diciembre de 2011

Verín 4-1 Ponte Ourense B

Os cadetes seguen sen ceder un só punto na casa e consiguen a súa décima victoria no que vai de liga...
A pesar dos cambios efectuados con relación ó anterior partido, os nosos conseguiron levar o partido sempre de cara e sen complicacións...

O primeiro gol correu a cargo de Antonio, que mediada a primeira metade, transformou de forma impecable unha falta ó borde da área...
Poucos minutos despois sería Jose Luis quen, logo dunha bonita xogada, bate de vaselina ó porteiro visitante...

Co 2-0 e cos nosos dominando, chegaríamos ó descanso.

Ó pouco de comezar a segunda metade, á saída dun córner, o Ponte recurtaría diferencias...

Pero Sergio establecería o 3-1 no marcador despois de aproveitar un balón morto na área pequena...
Finalmente, de novo Antonio, cun un tiro cruzado dende o borde da área faría o cuarto...

Deste xeito, os cadetes afiánzanse cada vez máis na segunda plaza. Pa semana visitan Allariz, o campo do colista... Un partido no que o último que hai que facer é confiarse. Moita Sorte!

No hay comentarios:

Publicar un comentario