Etiquetas

lunes, 9 de enero de 2012

Arenteiro 1-0 Verín

Unha primeira parte desastrosa dos nosos custou 3 puntos...
Terceira derrota da temporada para os Cadetes nun campo complicado como é Carballiño e fronte o actual 4º clasificado... De todas formas tantas lamentacións serían moi evitables se os nosos non tiraran os primeiros 40 minutos.

Os primeiros achegamentos do encontro caeron a favor do Verín... Algunha que outra xogada e algún córner, pero sen chegar a crear o perigo suficiente...
Pola contra os locais dispuxeron de bastantes ocasións para adiantarse, pero Carlos parou todas as acometidas... Hasta que un erro clamoroso na zaga (tamén moi evitable) custou o primeiro gol... e finalmente custaría tamén o partido.

Na segunda parte as tornas cambiarían e o balón sería dos nosos, a maior parte das xogadas tiñan lugar no campo do Arenteiro e o Verín puido empatar e mesmo gañar o partido... pero a sorte non acompañou.
Pepe, Keco, Brais e Sergio contaron con claras ocasións de gol pero o porteiro e os defensas evitaron a remontada...

Co 1-0 remataría o encontro... Ós nosos escápanselle tres puntiños moi importantes... despois da victoria do Antela e o empate do Ourense.
A semana que ven enfrontaranse ó Celanova, vital conseguir gañar! Sorte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario