Etiquetas

sábado, 28 de enero de 2012

Verín 4-0 Barbadás B

Victoria contundente dos Cadetes na Granxa, os locais dominaron e tiveron a posesión durante case todo o partido... Os nosos necesitaban desta victoria, xa que levan varias xornadas moi baixos!


Moi pronto os locais se porían por diante no marcador logo de que Roi empuxase a pracer un moi bo pase atrás de Enrique.
O Verín tiña o balón e seguía a crear bastante perigo... Así, logo dunha boa xogada entre Keco e Sergio, este último fai un recorte e cruza o balón ante a estirada do porteiro...
Co 2-0 chegábamos ó descanso.


Na segunda metade seguía o dominio verinense... O Barbadás non lograba crear perigo e os nosos seguían a fabricarse ocasións...
Xa mediados os segundos 40 minutos, nun córner moi ben sacado por Antonio; Jose, con un gran remate marca o terceiro gol da tarde...
Para rematar; a cinco minutos do final, Brais engancha o rexeite doutro córner pasado ó segundo pau, e pon o balón na escadra.


Con este resultado o árbitro asubiou o final! Esperemos que os Cadetes volvan a coller o rítmo perdido nestas últimas xornadas... A semana que ven, toca visitar un dos campos máis complicados: Maceda! Moito ánimo e sorte...

No hay comentarios:

Publicar un comentario