Este xoves celebrouse a reunión cos equipos que competiron na 1ª Autonómica Cadete co fin de programar o inicio do play off polo título, que será a fin de semana do 3 e 4 de marzo, e a composición dos grupos -catro- para a previa da Copa Deputación entre os doce equipos que non se clasificaron entre os cinco primeiros da fase inicial.
O torneo copeiro, a dobre volta, tamén xomezará o 3 e 4 de marzo clasificándose os catro primeiros por sorteo puro dunhas eliminatorias das que sairán os dous conxuntos que se unirán ós outros dez que loitarán polo título para configurar catro grupos con tres conxuntos en cada un deles. Porcurarase que os catro equipos ourensáns que disputarán a fase de ascenso sexan cabezas de serie. A final da Copa está prevista o 26-27 de maio. A composición dos grupos quedou da seguinte forma:
GRUPO A: Ourense B, Maceda e Velle.
GRUPO B: Pabellón Promesas, Lemos e A Peroxa.
GRUPO C: Arenteiro B, Ribeiro e Santa Teresita.
GRUPO D: Allariz, Celanova e Barbadás B.
No hay comentarios:
Publicar un comentario