Partido desputado a mañá do domingo no Cardenal Quiroga, que dentro do que cabe, estaba en moi boas condicións... Xa dende o inicio se prevía un partido compricado principalmente polo terreo de xogo e os balóns, pero os nosos dominaron en boa parte do encontro e souberon impoñerse ás adversidades!
Nos primeiros minutos o Verín ben puido encarrilar o marcador, pero Enrique e Jose erraron as súas ocasións... Pouco a pouco o Maceda asentouse no campo e tamén comezou a crear certo perigo pero sen xogadas demasiado destacables.
A primeira metade remataría co resultado inicial de 0-0. Estaba ben claro que quen marcase o primeiro tanto levaríase o partido...
De novo os nosos saliron a morder e no primeiro minuto da segunda parte xa contaban con unha clara ocasión de gol que non atinaron a remachar.
Os minutos pasaban e o gol non chegaba, polo que os de Iago optaron por unha defensa de tres para volcarse máis en ataque... E finalmente deu resultado: logo dunha boa xogada combinativa por banda esquerda, Pepe centra a Marcos, e logo dun recorte, cruza o balón ante a estirada do porteiro local...
Ese tiña que ser o gol da victoria, e así foi... Dez minutos despois o árbitro sinalaría o final do encontro!
Tres puntiños de ouro que permiten que os nosos sigan na loita pola segunda plaza...
A semana que ven, visita a Granxa o Velle... Hai ganas de revancha polo acontecido na ida, así que será un partido moi interesante, Moita Sorte!
No hay comentarios:
Publicar un comentario