Partido xogado o Sábado de Entroido ás 11.00 da mañá no campo de Vilar das Tres.
Este comezou bastante ben para os nosos, xa qué ós 10 minutos, Jose Luis logo de presionar á defensa visitante rouba o balón e define á perfección ante o porteiro.
Ben se puido aumentar a vantaxe minutos despois, pero o poste e os erros nos remates impediron o gol.
Finalmente mediada a primeira metade, Iván realiza unha espectacular xogada por banda e cede atrás para que, de novo Jose Luis, empuxe a gol.
E aínda quedaba tempo para o terceiro, que chegaría de mau de Sergio, quen remata de cabeza un gran centro de Féliz dende a banda dereita.
Co 0-3 chegaríamos ó descanso.
Na segunda parte o Sta. Teresita recurtaría distancias logo dunha boa xogada.
Pero os nosos non tardarían en responder... Keco fai un tiro que sae desviado, pero Álvaro remátao coa cabeza para batir por enriba ó porteiro visitante. Era o 1-4.
Para rematar, Antonio saca un córner a media altura ás mans do porteiro, pero este falla e introduce o balón na súa propia portería. Co resultado de 1-5 terminaría o encontro.
Importante victoria dos Cadetes na penúltima xornada de liga, e antes do partido máis esperado... A próxima semana, na Granxa: Verín - Ourense!
No hay comentarios:
Publicar un comentario