Importantísima victoria dos Cadetes na última xornada da primeira fase... Con estos tres puntos os nosos colócanse segundos só superados polo CD Ourense. Precisamente éste, uniuse o sábado á lista de víctimas da Granxa... Os nosos rematan a liga con 11 de 11 como locais.
O partido comezou xenial para os nosos, dominando dende o inicio e adiantándose no marcador ós 5 minutos. Un balón colgado ó segundo pau, despois dunha xogada ben elaborada, é cazado por Iván e de volea realiza un tiro cruzado imposible para o porteiro. Era o 1-0 e o partido púñase moi de cara.
O que restou da primeira parte resúmese en ocasións para o Verín e algunha que outra chegada do Ourense que Jose Carlos e a defensa lograron solventar sen problemas...
Coa vantaxe pola mínima chegaríamos ó descanso.
Na segunda metade o monólogo foi o mesmo, coa diferencia de que os nosos non lograban definir en condicións... Sergio non chega por pouco a rematar de cabeza co porteiro totalmente vendido, Brais lanza unha falta ó longueiro e o meta visitante sacou unha man case imposible nun disparo de Antonio.
Sempre din que o que perdoa acábaas pagando, e así foi:
Despois de varios rexeites na área local, o Ourense con algo de sorte lograba marcar gol e empatar o partido. Era o minuto 70 e colocaban o 1-1 no marcador.
Quedaban tan só 10 minutos para o final e este resultado colocaba ó Verín 3º na clasificación...
Pero no desconto Enrique fai unha gran xogada persoal por banda ata chegar á liña de fondo onde da o pase atrás para que Pepe, despois dun recorte, marque o que sería o gol da victoria! Pouco despois de conseguir o 2-1 o árbitro pitaría o final.
Rematou a primeira fase e agora estamos a expensas do sorteo que se celebrará esta semana para determinar o calendario da última ronda, na que salirán os 4 que desputará a fase de ascenso. Manterémosvos informados!
No hay comentarios:
Publicar un comentario