Nova victoria dos Cadetes, esta vez ante o CD Velle. Na primeira volta os nosos deixáranse 2 puntos ó empatar a dous goles, pero desta vez lograron gañar.
Xa dende o inicio os locais comezaron creando bastantes ocasións pero sin demasiado perigo. Finalmente, mediada a primeira metade, un pase interior de Antonio deixa só ante o porteiro a Barreira, e despois de deixalo sentado cun bo recorte, fai o 1-0.
Sen dúbida, este foi un dos xogadores máis destacados do partido, traballando como o que máis e realizando unha gran labor na punta do ataque: marcando o primeiro gol e deixando en bandexa o segundo.
O Velle contaría con moi poucas ocasións claras nesta primeira metade, e así, coa victoria pola mínima chegaríamos ó descanso.
A segunda parte tamén empezou bastante ben para os nosos, con Iván e Barreira metendo constantemente en apretos á defensa visitante... O segundo parecía estar cerca, e así foi:
Logo dunha boa xogada por banda, Barre chega á liña de fondo e saca un moi bo centro ó segundo pau para que Pepe empuxe o balón coa cabeza facendo o 2-0.
Gran asistencia de Adri e importantísimo gol para Pepe que lle serve para saldar as contas pendentes con este equipo.
Aínda quedaría tempo para a "emoción", xa que a falta de 10 minutos, despois dun erro defensivo, o Velle recurtaría distancias e meteríase de cheo no partido... Pero o Verín mantívose seguro atrás e non deu opción á remontada.
Con estos tres puntos, os Cadetes recuperan o segundo posto na tabla clasificatoria a falta de 2 xornadas para o remate! Vamos rapaces!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario