Etiquetas

domingo, 18 de marzo de 2012

BARCO 0-2 VERÍN

Gran victoria dos Cadetes ante un rival a priori dos máis complicados deste Play Off.
Os nosos tardaron en meterse no partido, e nos primeiros minutos o Barco apretou e tiveron 3 ocasións bastante claras que non atinaron a marcar.
Pouco a pouco o Verín comezou a ter o balón e a chegar á área visitante. Pero finalmente o primeiro gol chegaría a balón parado: unha falta frontal na que Antonio literalmente fusila ó porteiro rival.
Era 0-1 e o partido púñase de cara para os nosos mediada xa a primeira metade.
No que restou dos primeiros 40 minutos os nosos apoderáronse algo máis do balón e crearon algo máis de perigo pero o marcador non se movería.

A segunda metade comezaría igual, cos nosos apretando e dominando o partido e a medida que pasaban os minutos o Barco ía perdendo forza física...
Finalmente Pepe recolle un balón en tres cuartos de campo e logo dun gran sprint plántase na área onde o derruban cunha forte entrada. O penalti foi transformado novamente por Antonio!
Co 0-2 o partido quedaba prácticamente sentenzado pero aínda quedaría tempo para máis.
Jose puido ampliar a renta ó rematar de cabeza á altura do punto de penalti pero o balón foise moi alto.
O Barco tamén tuvo as súas: primeiro nunha falta moi ben tirada á escadra, e cando xa casi se cantaban o gol Jose Carlos sacou unha man imposible para desviar a córner; e a segunda xa nos últimos minutos de encontro cando o dianteiro erra un remate ca portería baleira!

Así remataría o partido e os Cadetes conseguen 3 puntos máis que importantes para seguir na loita por entrar na fase de ascenso, e por qué non, tamén polo título de liga! A seguinte semana visita a Granxa outro gran equipo: o SD Chantada que acadou a primeira plaza no Grupo A da liga regular e que nesta xornada venceu ó Ourense por 3-2. Moita Sorte!


Expedición verinense no Campo de Rubiá!

No hay comentarios:

Publicar un comentario