Etiquetas

martes, 27 de marzo de 2012

Crónica (Web Chantada)

A SD Chantada colgou na súa web un pequeno resumo do último partido que enfrontou ós seus cadetes e mais ós nosos... Aquí volo deixo xunto con algunha foto que tamén subiron:

Os cadetes caeron por 2-1 ante o Verín nun gran encontro dos dous equipos que os locais se levaron cun tanto a falta de dous minutos que non fixo xustiza co gran esforzo realizado polos nosos ó longo do encontro.
Empezou mellor o Chantada, moi ben colocado en defensa e con claridade nas posesións do balón; así chegaron unha ocasión de Adrián, cun disparo ó longueiro, e o tanto de Héber, no minuto 24, que definiu ante o meta tras un envío longo de Hugo. Tras o gol apretaron algo máis os locais, que terían dous achegamentos perigosos ata o descanso.
Na primeira xogada da reanudación Michi dispararía pegado ó poste, pero o meta local evitou o gol. Pasou a dominar o cadro local, pero os nosos defendíanse ben e buscaban outro tanto á contra. Tras unha boa parada de Ferreiro nunha falta, o balón íase a córner, e nese saque de esquina os locais igualarían o encontro, no minuto 56.
A partir de aquí o encontro abriuse máis, os locais dispararían ó longueiro, mentres que un disparo de Lobelle  era salvado polo meta local cando xa se cantaba o gol. Cando se chegaba ós últimos minutos con empate, o Verín conseguiría o 2-1 tras unha boa xogada e levaríase os tres puntos, botando por terra o bo traballo dos de Juan, que mereceron puntuar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario