Igualadísimo comezo de Play Off...
Se fai unas semanas falabamos da superioridade case insultante do Ourense na liga regular, esta vez despois de ver o que pasou na fin de semana, dámonos conta de que o da liga non valeu para nada.
O CD Ourense encaixaba a súa segunda derrota consecutiva, cando na liga case non a coñecía; o sábado perdía co Chantada por 3-2 e colocábase con só tres puntos na zoa media-baixa da tabla. Un resultada que poucos esperaban, ó igual que a magnífica traxectoria do Arenteiro, que acabou moi ben na liga regular, esta vez leva xa tres de tres, gañando ó Arrabaldo por 4-2 e afianzándose na primeira posición.
O Ponte gañaba por 0-3 en Xinzo e deste xeito colócanse entre os 4 primeiros clasificados. Destacar tamén o partidazo entre o Barco e o Verín que gañaban os visitantes por 0-2 e que permite que os da vila se vaian recompoñendo despois da derrota da primeira xornada. Por último a Rúa gañaba ó Calasancio 0-2.
A próxima semana, teremos un apasionante Ourense-Arenteiro, partido moi importante para os vermellos, que suelen facerse máis fortes en Salesianos e será unha importante proba para o actual líder. O Verín co Chantada tamén parece un partido moi igualado e decisivo. Na parte baixa destaca o Arrabaldo-Calasancio B que pode influir bastante na traxectoria do perdedor...
(WEB PONTE OURENSE)
No hay comentarios:
Publicar un comentario