Partido xogado a tarde do sábado no Complexo Deportivo da Granxa, que rexistrou unha gran entrada para presenciar un moi bo encontro entre dous dos equipos punteiros da liga!
Comezou o duelo con un Chantada encerrado atrás nos primeiros minutos e esperando a ver como se desenvolvían os nosos, que empezaron tocando atrás o balón e creando as primeiras ocasións con balóns en largo ás costas dos defensas. No primeiro minuto, un pase en largo de Brais deixa só a Iván ante o meta que non atina a rematar en condicións.
Pouco a pouco os dous equipos íanse asentando no campo e as xogadas perigosas comezaban a sucederse...
Finalmente, logo dunha xogada moi protestada polos nosos, o dianteiro chantadino conseguía por o 0-1 no marcador e o partido púñaselle moi costa arriba para os locais. Era o minuto 30 da primeira metade.
Antes do descanso Edu pon un moi bo balón colgado á área que Sergio non empuxa a gol por moi pouco!
Co 0-1 remataría a primeira parte.
Na segunda parte o Verín saíu ó terreo de xogo con un novo esquema e con varios cambios, e a medida que pasaban os minutos parecía que ía dando resultado.
Ós 15 minutos, á saída dun córner, Álvaro remata de cabeza e establece as táboas no marcador! Un gran gol e nun momento inmellorable. A partir de ahí os nosos viñéronse arriba e na Granxa xa se respiraban aires de remontada.
Os visitantes só se aproximaban con algúns contrataques que puxeron en apretos a Jose Carlos pero que este solventou con contundencia.
Coa entrada de Jose e Jose Luis o Verín gañou máis profundidade e conseguiu ter máis o balón no campo do Chantada. Mentres tanto Pepe e Sergio seguían a dar traballo ós laterales visitantes... De feito, estes dous serían os protagonistas no gol da remontada: Logo dunha boa xogada de equipo, Sergio pon un centro ó punto de penalti e Pepe, deixándoo todo no salto e no remate, puxo o balón na escadra!
Era o minuto 70 e os nosos conseguían a remontada!
Nos últimos minutos o Chantada intentou empatar con balóns en largo pero os locais ben armados atrás evitaron o gol! Logo de 3 minutos de desconto a árbitra decretou o final do partido!
Tres puntos máis que importantes para os Cadetes! E o máis importante, ante un gran equipo como o Chantada que demostrou o por qué de haber quedado campións no seu grupo; a pesar de non levar unha moi boa xeira de resultados neste Play Off seguro que logran entrar entre os 4 primeiros!
Por outra parte os nosos visitan para a semana Salesianos, noutra final máis na que é imprescindible gañar! Moita Sorte!
No hay comentarios:
Publicar un comentario