Victoria moi importante dos Cadetes fronte a un Xinzo que non comezou con moi bo pé este Play Off...
Os nosos sentenciaron o partido na primeira parte e ós 20 minutos xa ían 2-0.
O primeiro gol, foi obra de Antonio, ó materializar unha falta ó borde da área na que o porteiro nada puido facer.
Non moitos minutos despois, nun balón en largo a Sergio, este insiste na presión e o central acaba cedendo un oco para que ca puntiña marcara o 2-0.
O Verín parecía ter o partido controlado pero aínda quedaría o momento do Xinzo, e este chegou nun penalti, quizais algo dubidoso. E ahí estaba Jose Carlos para deter o lanzamento.
Co 2-0 chegaríamos ó descanso.
Na segunda metade os nosos baixaron considerablemente o ritmo de xogo e esto propiciou que o Xinzo se metera no partido.
Ós 20 minutos unha falta a favor dos visitantes, pega na barreira con tan mala sorte que cambia totalmente a traxectoria do balón e introdúcese na portería...
Era o 2-1 e aínda quedaba bastante partido por diante.
Solventando todas as ocasións os nosos lograron chegar ó final do partido co 2-1 e conseguían os 3 primeiros puntos na fase final da liga Cadete!
Toca seguir traballando que para a semana hai que visitar a un rival que está nun gran momento: o Barco.
Moita sorte rapaces!
No hay comentarios:
Publicar un comentario