Etiquetas

domingo, 1 de abril de 2012

OURENSE 1-2 VERÍN

Partidazo o xogado este Sábado no campo de Salesianos! Dous dos aspirantes á fase de ascenso enfrontábanse nun encontro que se prevía moi interesante, e de feito non defraudou!
O Verín non tardou en adiantarse no marcador, cando ós 10 minutos Álvaro remata un córner sacado por Antonio sen que o porteiro e a defensa poidesen facer algo... O partido púñase de cara para os nosos pero con moito tempo por diante...
Mediada a primeira metade, con algo de sorte, e con un tiro dende a frontal, o Ourense poñería as táboas no marcador...
Os nosos estaban tendo o balón e seguían a crear ocasións pero co 1-1 chegaríamos ó descanso.


Na segunda metade o Ourense pareceu querer crear algo máis de perigo pero aínda así o Verín seguía metido... O gol podía chegar para calquera e quizais os locais estaban algo máis preto de acadalo, pero novamente nun córner, desta vez Jose rematou a pracer para facer o 1-2.
A medida que avanzaban os minutos o Ourense veuse arriba para tentar o empate pero a defensa visitante estivo sempre moi atenta para evitar o gol.
A falta de 10 minutos Jose Luis puido sentenciar nun man a man co porteiro pero estivo demasiado lento e o defensa cortou o balón.
Non minutos finais, os nosos xa fixeran todos os cambios e o Ourense tomou algo máis de presencia no campo creando moito máis perigo... Finalmente o árbitro decretaría o final do encontro dándolle a victoria ós nosos cadetes!
Máis que importantes 3 puntos que permiten seguir enganchados nos postos de arriba e deixar cada vez máis atrás ó resto de equipos... Pero isto aínda non acabou, e quedan 4 finais máis! A primeira delas será o próximo sábado día 7 fronte o actual líder: o Arenteiro! Ás 17.00 na Granxa, non faltedes!

No hay comentarios:

Publicar un comentario