Etiquetas

domingo, 22 de abril de 2012

RÚA 1-2 VERÍN

O partido comezou co Rúa replegado no seu campo e intentando saír á contra. O peso do encontro levouno sempre o Verín que tivo varias ocasións para adiantarse no marcador: Primeiro Ángel ó rematar un córner que chaparía o porteiro na línea de gol e despois Antonio nunha falta moi perigosa ó borde da área que desviou a barreira! Pero finalmente, os que acadarían o primeiro tanto serían os locais logo dunha contra moi ben finalizada polo extremo valdeorrés. Co 1-0 chegaríamos ó descanso.

Os rapaces conseguiran xa varias remontadas ó longo da liga, pero case todas na Granxa. Polo que semellaba moi complicado levarse os 3 puntos... Todo isto cambiou cando ós poucos minutos de comezar a segunda metade, Álvaro cabecea ó fondo das redes un moi bo centro dende a banda dereita! Era o gol do empate e o partido volvía a comezar de novo, con novos folgos para o Verín!
Os nosos seguían a ter o balón e a crear perigo na área visitante por medio de Álvaro, Sergio e Pepe; pero o Rúa non se quedaba atrás e contou con algún tiro dende fóra da área e un man a man que non atinaron a sentenciar.
O partido ía morrendo e o empate parecía definitivo... Pero non; a 5 minutos para o final, Enrique recolle un balón en banda e logo de chegar á línea de fondo saca un centro bombeado ó punto de penalti onde aparece Jose para rematar ante a oposición dun rival e por a pelota onde non chegaba o porteiro! Era o 1-2.
Aínda lle quedaba tempo á Rúa para tentar o empate, pero finalmente ese gol daríalle a victoria! 
Tras 3 minutos de desconto o árbitro decretou o final do encontro e as caras de tensión trocarían en alegría! 



2 comentarios: