Etiquetas

domingo, 8 de abril de 2012

VERÍN 1-0 ARENTEIRO

Importantísima victoria dos Cadetes na Granxa! Prevíase un partido moi igualado e que se resolvería en pequenos detalles, e así foi...
Na primeira metade ambos equipos tiveron a posesión pero o Verín estivo un puntiño por riba dos de Carballiño e conseguiu crear algo máis de perigo... Como mostra, nos primeiros minutos Pepe realiza unha moi boa internada na área e é obstruído por un central visitante pero o árbitro non sinalou o penalti.
As ocasións do Arenteiro non foron máis que frouxos tiros dende fóra da área que Jose Carlos deteu sen problemas.
Pero nos primeiros 40 minutos non houbo nada máis salientable e chegaríamos ó descanso con empate a cero goles.
Na segunda parte, e co aire xa a favor, os nosos comezaron a ter máis ocasións: sobre todo en varios córners nos que ó Arenteiro lle apareceron varios porteiros da nada; pero o árbitro seguía á súa...
Pouco a pouco o Verín facíase co dominio e o Arenteiro só creaba perigo con balóns en busca dos dianteiros que coa súa rapidez inquietaron algunha que outra vez a meta verinense.
Finalmente e tras xa varias xogadas de perigo, o balón caeu nos pes de Iván, que acababa de entrar ó campo, e con un potente tiro a media altura e ben axustado ó pau bate ó meta do Arenteiro!
Era o 1-0 e faltaban menos de 10 minutos para o remate do encontro.
Nos últimos intres os de Carballiño tiveron algunha ocasión máis para o empate  en córners e en contras pero todas erradas.
Despois de 2 minutos de desconto, o árbitro pitou o final do partido!
Con estos tres puntos os nosos deixan atrás a Arenteiro, Arrabaldo e Barco; estes dous últimos a unha distancia de 6 puntos...
Pero agora chega o máis complicado: os nosos levan escalando postos dende a primeira xornada na que perderon co Calasancio; pouco a pouco todos foron caendo e agora ven o sprint final, é a hora de culminar o que pode ser un ano de ensoño. Ponte, Rúa e Arrabaldo son os tres últimos obstáculos.
A semana que ven, os Cadetes repiten esceario e xogarán na Granxa contra o 2º clasificado: O Ponte Ourense! Un equipo que mellorou de xeito espectacular neste último tramo de liga, e como era de esperar está sendo reforzado tódalas xornadas por xogadores de Liga Galega. É un dos equipos máis goleadores e dos menos goleados neste Play Off, unha das revelacións! Ven de ganarlle ó Barco, Chantada e a Ourense, este último encontro remontando un 0-2 nos últimos 20 minutos. Será un partido moi desputado, complicado e vital para os intereses do Verín; fará falta sacar toda a artillería para derrotar ós da capital. Moita Sorte!


2 comentarios:

  1. boas tardes antes de nada,
    o maior erro que cometeu o colexiado foi pintar un fora de xogo o numero do arenteiro que arracou dende o emdio do campo e quedabase só contra o porteiro local...
    non existiu ningun penlaty na area local e menos por a apricion "de máis" porteiros como se di na crónica, o apuntar os erros debense apuntar todos que estamos falnso de rapaces,,, sorte de todas formas¡¡

    ResponderEliminar
  2. Como ben di estamos a falar de rapaces, e defeito este Blog escríbeo un rapaz. Perdoe se a crónica non está ó seu gusto pero eu procuro escribir todo o que vexo, o que se me acorda e o que considero importante, nada máis: é normal que se me escape sempre algo salientable... De tódolos xeitos tedes un bo equipo, moita sorte para o que queda de Play Off: Un saúdo!

    ResponderEliminar