Etiquetas

martes, 8 de mayo de 2012

FASE DE ASCENSO A LIGA GALEGA

        FASE CADETE (Ver circular)
Para o 14 e 15 de maio están previstos os sorteos das fases de ascenso á Liga Galega Xuvenil (luns), Liga Galega Cadete (martes) e Liga Galega Infantil (martes) na sede da Federación Galega de Futbol na Coruña nos tres casos a partir das 20 horas.
A estas alturas xa remataron as competicións en Vigo -as tres categorías- e Ourense -xuvenís e cadetes- quedando soamente pendentes as tres de Pontevedra -faltan tres xornadas- e a 1ª Infantil de Ourense. En base a como remataron as competicóns e según sinalan as circulares, facemos un boceto (da zona sur) de como poden quedar os emparellamentos das tres categorías aínda que pode existir algún erro.
        CONDICIONANTES DO SORTEO
Os equipos de Vigo, Pontevedra e Ourense que foron campións xogarán sempre o segundo partido das eliminatorias como local. Na segunda eliminatoria no caso de que coincidiran dous equipos que ocuparon a mesma posición na súa competición efecturase un sorteo para determinar a orde de campos. Na primeira rolda tamén evitarase a coincidencia de equipos da mesma delegación.
Apriori estes son os cruzamentos na Fase Cadete:
Ponte B ou Barco - Santa Mariña ou Grove ou Moaña
Arenteiro - Alerta ou Grove ou Moaña
Tyde ou 5º Pontevedra - Rúa 
Independediente ou 6º Pontevedra - Verín
4º Pontevedra - Rápido de Bouzas
Racing Vilariño - 3º Pontevedra
Independiente ou 6º Pontevedra - Santa Mariña ou Grove ou Moaña
5º Vigo ou 5º Pontevedra - Alerta ou 2º Pontevedra

(Indicamos Ponte B ou Barco
xa que está pendente  o posible ascenso do primeiro equipo dos pontinos á Liga de Honra)
                                           
                                       

No hay comentarios:

Publicar un comentario