Bo partido do Verín que dende o inicio intimidou ó Ourense con varios achegamentos perigosos pero que non acertaron a convertir en gol.
O que sí acadaría o gol foi Sergio ó empurrar ás redes unha falta lateral botada por Antonio ós 15 minutos de encontro. Deste xeito a eliminatoria quedaba igualada e faltaban máis de 60 para o remate do partido.
Poucas xogadas despois Pepe, entre rexeites, plantábase na área visitante peron non era quen de definir en condicións.
Antes do descanso o Ourense contaría con unha gran ocasión na que Jose Carlos realiza unha extraordinaria parada en boca de gol.
Co 0-1 rematarían os primeiros 40 minutos.
O segundo tempo comezaba como terminara o segundo, un partido moi emocionante e con ocasións para os dous equipos...
Pero ós 15 minutos, unha saída en falso de Jose Carlos nunha falta deulles ós locais o empate. Con este resultado o finalista sería o Ourense; pero quedaba por diante case toda a segunda metade.
Ós nosos bastáballes un gol para clasificarse, e contaron con moitísimas ocasións para conseguilo: unha bolea á cruceta de Jose, unha falta frontal que Antonio non acerta a convertir e dous lanzamentos de Álvaro dentro da área que o porteiro rexeitou con moi boas paradas.
Deste xeito os minutos consumíronse e non deu tempo para máis. A eliminatoria total quedaba 2-1 a favor do Ourense, e os Cadetes abandoan a Copa Deputación en Semifinais! (FINAL: CD Barco - CD Ourense)
Agora toca centrarse na Fase de Ascenso que é a última e quizais a máis esperada competición na que participarán esta tempada. Confiamos en acadar o tan ansiado ascenso a Liga Galega!
No hay comentarios:
Publicar un comentario