Etiquetas

domingo, 6 de mayo de 2012

VERÍN 3-1 XINZO

Gran partido dos Cadetes que sacan un bo resultado para a batalla do próximo sábado na Moreira.
O encontro non puido comezar mellor para os de Iago, xa que ós poucos minutos do inicio, Iván queda só na área e executa unha bolea que malamente despexa o porteiro na área pequena; e Jose, de cabeza, empuxa o balón ó fondo da rede.
O partido púñase de cara para os locais que seguían tendo maioritariamente a posesión do balón e creando ocasións, pero o gol desta vez caería de parte dos limiáns, despois dunha contra finalizada con algo de sorte.
Os nosos non se rendiron e pouco antes do descanso, Antonio con un tiro dende o pico da área grande bate por enriba ó porteiro do Xinzo colocando o 2-1 no marcador.
Con este resultado chegaríamos ó descanso.
A segunda parte seguiría prácticamente o mesmo guión: Ocasións para os dous equipos pero o peso do partido seguía recaendo sobre os locais.
Mediada a segunda metade, a árbitra anulou un gol totalmente legal a Álvaro (aínda seguimos sen saber cal foi o motivo), pero de tódolos xeitos as xogadas seguíanse sucedendo e as aproximacións seguían a ser perigosas.
Finalmente, a dous minutos para o final do encontro, un córner sacado por Pablo remata nos pes de Álvaro que desta vez sí puido celebrar o gol.
Aínda quedaría tempo para un par de chegadas máis pero o partido remataría co 3-1.
Bo resultado pero quizais bastante enganoso e máis sendo unha eliminatoria de Copa. E aínda máis se lle pomos o inconvinte de ter que visitar a Moreira, un campo sempre moi difícil. Tocará loitar e traballarse moito o partido para poder asegurar a presenza nas semifinais por segundo ano consecutivo; ante todo: Non Confiarse! Moita Sorte!

Verín CF e Portonovo SD facendo o pasillo o pasado día 6 no encontro desputado no Xosé Arxiz, ós nosos Cadetes e máis ós Xuvenís por acadar o primeiro posto nas súas respectivas categorías

No hay comentarios:

Publicar un comentario