A punto xa de comezar a nova tempada informamos dun cambio na administración do Blog. Un servidor deixa o cargo debido ó salto de categoría e á falta de tempo... So dicir que foi todo un pracer poder manter informados a todos aqueles seguidores e aficionados dos Cadetes. Creo que deixo o Blog en moi boas mans e confío en que non o deixen de lado e sigan facendo crónicas e resumos de como transcorre esta nova etapa. Eu polo menos leereinos.
Este foi un ano inolvidable... Cheo de boas anécdotas, e outras non tan boas. Quizais non rematou do mellor xeito posible pero a tempada faise moi larga e é verdadeiramente compricado manter un bo nivel ata o final. De tódolos xeitos, penso que nos fixemos un pequeno oco na historia do fútbol desta vila, non é nada fácil gañar unha liga... E sí, nós conseguímolo. Eso sempre estará ahí.
Tamén é certo que cos xogadores e co entrenador que tiñamos, pero sobre todo coas ganas e ilusión coas que afrontamos a competición, todo é moito máis fácil. (Esto é mentira, póñoo porque estas cousas sempre quedan ben pero si gañamos foi porque o traballamos e o curramos semana tras semana, eso dos sentimentos é secundario: a ilusión non corre.)
Para rematar so me queda dar as grazas e desexarlle sorte ós meus compañeiros e por suposto a Iago e a toda esa xente que traballa e colabora para acadar cousas como a deste ano: Julio, Dani, Víctor...
Espero que as vitrinas da Granxa pouco a pouco se vaian enchendo... Sobra dicir que eu seguirei moi de cerca todos os movementos e a evolución dos Cadetes e das Escolas...
Unha pequena posdata por si algún cadete lle dá por ler esto: A típica frase de que ganar é o de menos e que o importante é participar e pasalo ben, a estas edades xa non serve de nada... Claro que é certo, pero ata un punto. Tomádeo enserio: Correde, loitade, COMPETIDE e deixádeo todo no campo, así ganaredes, e cando ganas é cando de verdade se pasa ben e ves que mereceu a pena participar. Os pais nunca o ven así pero unha vez que o comprobedes darédesme a razón.
Un Saúdo:
Brais Quintairos Manso.
Si señor! Intentaremolo ter en conta! ;)
ResponderEliminarDigo o mismo co Xocas..
ResponderEliminar