Mal partido dos nosos. Os de Barbadás comezaron presionando forte arriba, pero o Verín creaba ocasións claras de gol, aínda que non as materializaba. A mediados da primeira metade, o Barbadás a través dun pase en longo compaxinado cun desaxuste defensivo dos nosos, colocaba o 1-0 no marcador, cun tiro cruzado que non puido atallar o porteiro. O Verín seguía chegando á portería contraria pero non lograba o ansiado gol. Có 1-0 chegouse ó descanso.
Na segunda parte, seguía a mesma dinámica que se levaba na primeira, pasaban os minutos e o Verín non conseguía meter gol e nun contraataque no minuto 54 o Barbadás metía o segundo gol. Comezaron os cambios en ambolos dous equipos. Nos minutos finais, Luis rematou a portería vacía un centro dende a banda esquerda de Ívori e balón entraba claramente da portería pero o árbitro non o deu por válido. Con ese error arbitral chegábase ó final do partido cun 2 a 0 a favor dos de Barbadás.
A próxima semana, o Verín recibirá ó Maceda na Granxa, esperemos que haxa moita afición e que este ano se faga da Granxa un campo díficil para os que o visiten.
No hay comentarios:
Publicar un comentario