Etiquetas

domingo, 30 de septiembre de 2012

Velle 3 - 4 Verín Jor.3

         Os nosos cadetes logran a súa primeira victoria desta tempada ante un rival que sempre dá que falar nun partido de infarto no campo de "As flores".
         O partido comezaba mal para os visitantes con dous goles nos primeiros 4 minutos. Despois dos dous goles, o encontro volveuse de ida e volta con claras ocasións para ambos equipos. Nos intres finais,  Lingri converteu un penalti cometido sobre Félix. Co 2-1 chegábase ó descanso.
 
         Nos comezos da segunda metade Luis quedábase solo ante o porteiro e anotaba o 2-2.  Minutos despois e logo dun rexeite na área, Ívori empurraba o balón ó fondo da portería. Parecía que o partido era para o Verín ata que o árbitro sinalou unha pena máxima moi protestada que materializaba o xogador do Velle. No último minuto, David Añel dáballe un pase a Cristian e este gol decantaba o partido a prol dos nosos.


Alineación: Verín : David, Brian, Xocas, Teixe, Alfredo, Ívori (C), Félix, Luis Salgado, José, Miguel e Lingri.
Banquillo: Dani, Íñigo, Cristian, David Añel, Rubén. 


       O seguinte partido é fronte o Santa Teresita no campo da Granxa.
         

        

No hay comentarios:

Publicar un comentario