Este partido tivo a mesma dinámica que o anterior fronte o Barbadás B; moitas ocasións erradas por parte dos nosos e unha ocasión convertida en gol por parte dos visitantes.
Na primeira parte, as oportunidades eran continuas por parte do Verín, varios máns a máns de Prieto e Luis que parou o porteiro e algún tiro dende fóra da área. O Maceda nunha falta producida nun contraataque que deu no pau e un remate de cabeza que parou David foron as ocasións máis claras. Có 0-0 chegábase o descanso.
Na segunda parte, o Verín saíu un pouco durmido e seguía fallando claros goles, e o Maceda ocasionaba perigo nalgunha contra, era un partido de ida e volta ata que nun saque de esquina, os de Maceda colocaban o 0-1 no marcador.Chegaban os minutos finais e o Verín seguía sin meter o ansiado gol. Nun centro de Luis, o porteiro non conseguía atallar o balón e Miguel anotaba o 1-1 no desconto. Os verinenses inda gozaron dunha gran oportunidade de marcar o 2-1, pero o partido finalizaba co 1-1, resultado que non beneficia o Verín.
O seguinte partido será no campo do Velle.
No hay comentarios:
Publicar un comentario