Etiquetas

viernes, 19 de abril de 2013

Celanova 4-2 Verín Xor.17

     Derrota do Verín cunha mala actuación arbitral e nun campo que non facilitaba o xogo.
     O Verín empezou un pouco dormido, non estaba tan encima dos contrarios coma noutros partidos, pero o Celanova non creaba moito perigo, aínda chegar varias veces a porta de David. Os Cadetes, cando tiñan o balón o tiñan controlado, todo o que permitia telo un campo onde era bastante díficil dar un pase raso. A maior parte das ocasións do Verín nacían nas botas de Félix, e el foi o que se foi na banda dereita, deulle un pase ó oco a Manu que centraba e o central do Celanova metía na súa portería, era o 0-1. Cando aínda se ía 0-1, Íñigo tiraba una falta loxana directa a porta e cando parecía que ía a entrar pola escuadra, o cancerbeiro local sacaba o balón cunha mau salvadora para seu equipo. Cando se levaban 30 minutos, nun contraataque do Celanova, cando xa estaban dentro da área, a Ívori, que vía replegándose, dáballe o balón na mau e o árbitro pitaba penalti, que conseguían meter e por o 1-1 no marcador. O árbitro(figura destacada do partido) pitaba un fora de xogo, que despois admitiu que tiña dudas,nun balón en longo de Ívori a Félix, que se quedaba só contra o porteiro.A piques de chegar o descanso, metíanlle un pase en largo(o campo era o único que permitía) ó interior local(en claro fora de xoga) que conseuiía chegar ata a portería do Verín e meter o 2-1.
    Na segunda parte, os Cadetes saíron igual que na primeira, pero con menos intesidade, xa que o Celanova tña máis a posesión e contralaba máis o mediocampo. O terceiro gol chegou cerca do minuto 10, pero non conseguíu espabilar os nosos. Entraron Prieto e Carrete de refresco, pero a cousa non cambiou moito. A partir de do minuto 25, e con cambio de Álvaro por Ívori, a actitude tamén cambiou e o Verín empezou a ter oportunidades máis claras de gol, pero cando parecía que se podía remontar, o central do Celanova arrempuxaba a Íñigo facéndolle falta nas narices do árbitro e metía o 4-2. A falta de cinco minutos para rematar, Félix sacaba un córner e Íñigo rematabao ó fondo da portería, pero só serviu para redondear o resultado.

11 inicial: David, Jose Ramón, Alfredo, Brian, Íñigo(C), Toro, Manu, Félix, Ívori, Añel, Marcos.
Suplentes: Luismi, Álvaro, Carrete, Prieto


No hay comentarios:

Publicar un comentario