Etiquetas

lunes, 28 de enero de 2013

Orense 6-0 Verín Jor.7

        O Verín segue sen conseguir os tres puntos fora da casa, esta vez, caeron contra o Orense cun contundente 6-0 nos Salesianos.
         O partido comezou co Orense saíndo a presionar moi arriba, sen deixar que o Verín sacara o balón xogado dende atrás. Esa presión orixinou que os Cadetes non pasasen do medio campo. Nun balón ó hueco, o interior ourensán intentaba irse do cancerbeiro local, pero o dar un autopase, chocaron os dous xogadores e o árbitro pitou un penalti moi dudoso que marcou o partido e que o dianteiro do Ourense colocou o 1-0 no marcador. Non pasaran nin dous minutos cando os locais metían o segundo gol nunha falta frontal. O partido xa estaba roto, pero os visitantes non desistiron e nos últimos vinte minutos da parte, os locais non cortaron tanto o balón, xa que o Verín cambiabao rápido de banda a banda e parecía que podían remontar, pero o gol non daba chegado.
       Na segunda metade, os Cadetes saíron a remontar, pero ós dez minutos, o Orense metía o terceiro gol despios de colgar unha falta ó área. O Verín xa non tiña posibilidades de remontar,  os ourensáns non baixaban a intensidade ata ó final do partido e aínda conseguiron meter dous goles máis. Ó final, os nosos tiveron algunha oportunidade de meter, pero ó resultado quedouse en 6-0.
       O Verín sae tocado da visita a Salesianos e espera ó Celanova na casa.

11 inicial: Alfredo, Enrique, Íñigo (C), Teixeira, Álvaro, Ívori, Luis, Félix, Añel, Moro, Marcos.
Suplentes: Eddy (p.s.), Brian, Xocas, Manu, Lingri









No hay comentarios:

Publicar un comentario