Etiquetas

lunes, 31 de diciembre de 2012

Arenteiro 7-2 Verín

       Partido nefasto dos Cadetes en Carballiño.
       Nos primeiros minutos, o Verín tocaba o balón, pero o Arenteiro tiña xogadores moi bós arriba e en dúas ocasións que tiveron, ós 15 minutos de partido o marcador xa reflexaba un 2-0 para os locais. A partires do segundo gol, o Verín "espabilou" e empezou a xerar moito perigo polas bandas, sobretodo na dereita, onde Enrique íase do seu defensor coma se nada e colocaba centros na área pero non había ninguén para rematalos. Cando parecía que os visitantes tiñan o control do partido índa que foran perdendo e podían remontar, os locais meteron outros dous goles en cinco minutos e íanse ó descanso cun marcador de 4-0.
       Pouco despois da reanudación, o de Carballiño marcaron o 5-0. Añel, que entrara no descanso, meteu o 5-1. Ó partido relaxouse, en certa medida, porque os locais anotaron outros dous goles. Luis, nunha xogada aislada, meteu pola escuadra ó definitivo 7-2. O Verín perde o segundo partido consecutivo, e despois dos dous empates nas primeiras xornadas, colócanse oitavos na clasificación e o seguinte partido será contra o seu inmediato perseguidor na táboa, o Chantada, o 12 de xaneiro.









No hay comentarios:

Publicar un comentario