Etiquetas

domingo, 13 de enero de 2013

Chantada 4-3 Verín Jor.5

      Terceira derrota consecutiva dos Cadetes, esta vez contra ó Chantada a pesar de dispor de dous penaltis o seu favor.
      O partido comezaba ben para o Verín, xa que Moro, ó dous minutos do comezo do partido, conseguía batir ó porteiro do Chantada por riba e por o 0-1. Despois dese gol tempraneiro, semellaba que ía ser un partido fácil, pero complicouse a mediados da primeira parte cando o Chantada empataba. Pouco despois, Moro marcaba o 1-2 nun penalti que el mismo provocara. Tamén cabe destacar que Teixeira, despois dun despiste na defensa, sacou un balón baixo paus que puido ser o 2-2. Era un partido de ida e volta, con moitas contras por parte dos dous equipos e cunha posesión bastante igualada. Co 1-2 chegábase ó descanso.
      Despois da reanudación, o partido seguía igual e nun dos moitos balóns en largo que tiraron o locais, conseguiron que chegara o seu dianteiro e éste anotaba 2-2. Despois dese gol, empezaron o cambios no Verín (o Chantada xa fixera o seu único cambio no descanso) e entraron Dani Carrete e Lingri por Xocas e Miguel. O partido seguíu o mesmo guión da primeira metade e a falta de 10 minutos, logo dun dos moitos  centros de Enrique, Lingri puña o 3-2. Os locais reaccionaron e ós poucos minutos empetaron o por terceira vez no partido. Cando o parecía que todo ía rematar en empate, o Chantada, que fóra todo o partido a remolque, meteu o definitivo 4-3 nun centro dunha falta lateral.
      Tras esta derrota, o Verín colócase último na táboa, a un punto do Calasancio B. O seguinte partido será contra o Antela na casa.

11 inicial: David, Enrique, Luismi, Teixeira, Xocas, Íñigo (C), Miguel, Félix, Añel, Manu, Moro.
Suplentes: Eddy (P), Alfredo, Dani Carrete, Marcos, Lingri.

















No hay comentarios:

Publicar un comentario