Etiquetas

lunes, 1 de abril de 2013

Antela 2-3 Verín Xor.15

     Segunda victoria dos Cadetes fronte o Antela nesta segunda volta do Playoff.
     O partido empezou bastante ben para o Verín, xa que mantiña o balón e o Antela no chega á portería de David. A esto sumóuselle que antes de chegar ós 10 minutos do partido, Barreira remataba un saque de esquina posto por Félix e puña o 0-1 no marcador. O encontro a partir de aí, o partido empezouse a quentar, xa que os xogadores do Antela empezaron a dar patadas por detrás sen balón, pero o árbitro non pitaba ningunha falta, en cambio, pitábaas a favor dos locais cando existía o mínimo roce. Á metade da parte, o capitán do Antela íase de dous e dáballe un balón ó oco o seu dianteiro que cun tiro cruzado metía o gol do empate. O Verín non decaíu, facía boas xogadas xogadas e presionaba arriba. Nunha desas presións, Félix e Barreira roubaban o balón e Adrián metía o segundo gol do Verín e o segundo gol na súa conta personal. Con ese resultado chegábase ó descanso.
      Na segunda parte, o partido quentouse inda máis, empezaron as disputas entre os xogadores e as patadas pasaron a ser entradas por detrás en moitos casos. O árbitro empezou a sacar cartóns amarelos para intentar calmar ós xogadores, pero non serviu para nada. O Verín tiña oportunidades, Añel tivo un mau a mau contra o porteiro peor mandouna ó pao.No minuto 20, Lingri lograba recuperar un balón cerca da área do Antela, e puña un centro que Añel lograba rematar e por o 1-3. A partires dese gol, os Cadetes, en parte, deixaron que Antela tivera a posesión e mantiveron unha boa defensa. Cando faltaban menos de 5 minutos, o Antela meteu o definitivo 2-3 e o final foi de infarto: os locales intentando empatar e o Verín sacando todo o perigo da área.

11 inicial: David, Carrete, Alfredo, Brian, Íñigo(C), Ívori, Luis, Félix, Lingri, Moro, Barreira.
Suplentes: Jose Ramón, Fernando, Miguel, Añel.

1 comentario: