Etiquetas

miércoles, 24 de abril de 2013

Verín 9-0 Calasancio B Xor.18

      Aplastante victoria no último partido da liga para o Verín na tempada 2012/2013.
      Os Cadetes saíron relaxados, non se xogaban nada e o Calansancio B (que alí nos ganara 4-0) practicamente non presionaba esperaba á altura do medio campo, deixaba tocar o balón entre a defensa e o medio verinenses, e estes intentaban chegar mediante balóns largos, pero a defensa monfortina deixaba case sempre a Barreira, Añel e Moro en fóra de xogo. Nunha xogada pola banda de Moro, que volvía despois de dous partidos, íase de tres, metíase no área e colocaba o primerio dos nove goles no marcador. Aí os visitantes subiron a presión, pero o Verín seguía sacando o balón xogado dende atrás. Dez minutos despois do primeiro gol, Manu despois de recoller uns rechaces no mediocampo (onde ainda estaba a defensa do Calasancio) e dispuña dun cara a cara só contra o porteiro, que materializaba no 2-0. A piques de chegar ó descanso, Barreira recibía un pase en longo de ïñigo na banda, plántabase na portería e marcaba o 3-0.
      Aínda ter unha vantaxe importante, o Verín seguiu creando xogadas de perigo, realmente, case todas as xogadas nas que chegaba a porta visitante eran gol. Manu, aumentou a súa conta goleadora nunha xogada persoal e conseguiu o hat-trick despois dun rechace na dentro da área, o partido xa ía 5-0, polo que Luis empezou a facer os cambios para darlle minutos os menos habituais. Entraron Miguel, Luismi, Toro e Marcos. Este último remataba practicamente na liña de gol un centro dende a banda esquerda e colocaba o 6-0. Pasaron quince minutos nos que o partido tranquilizouse, e nos que o Calansancio dispuxo dalgunha xogada de perigo, pero nos últimos 5 minutos se meteron os 3 goles que faltaban. Primeiro Ívori, despois de sacar unha falta rápida, despois Félix, ó rematar un centro e logo Luismi, nunha xogada pola banda esquerda, colocaban os goles que faltaban no marcador.

11inicial: David, Jose Ramón, Alfredo, Brian, Íñigo (C), Ívori, Manu, Félix, Moro, Añel, Barreira.
Suplentes: Miguel, Luismi, Toro, Marcos



1 comentario:

  1. Íñigo, te dejo el grupo de Copa Deputación:
    http://www.siguetuliga.com/base/liga/895

    ResponderEliminar