Victoria importantísima para os Cadetes que lles permite afianzarse no segundo posto da clasificación a tan só 3 puntos do líder!
Partido no que os nosos colleron a iniciativa xa dende o principio, facéndose co dominio do balón e creando bastantes ocasións... O Xinzo tampouco se quedaba atrás, aínda que non conseguía por en perigo ó Verín.
Aos 20 minutos, logo dunha xogada ben elaborada por todo o equipo; Ángel, despois de andiantarse ó central limiá, cruzou o balón sen que o porteiro puidera facer nada... Era o 1-0.
Poucos minutos despois,e de novo tras unha boa acción, Pepe volve a cruzar o balón ante a saída do porteiro do Xinzo... Era o minuto 30 da primeira parte e o partido xa se puxera moi de cara para os nosos.
Co 2-0 chegaríamos ó descanso...
Na segunda parte os visitantes entraron algo máis enchufados pero non conseguían recortar distancias... Pouco a pouco o Verín foise reafirmando e voltou a crear ocasións pero sen lograr definir en condicións.
O tempo foi pasando e o partido iba morrendo sen que naide puxese goles de por medio; finalmente, despois dun minuto de desconto, o árbitro pitou o final e os Cadetes facíanse cos 3 puntos!
Para a semana toca visitar Barbadás, un campo no que o último que hai que facer é confiarse...
No hay comentarios:
Publicar un comentario