Etiquetas

sábado, 10 de diciembre de 2011

Allariz 1-2 Verín

Partido bastante espeso dos cadetes... Numerosos cambios con respecto ó último partido e que case costa moi caro...

Os nosos puideron sentenciar o partido nos primeiros 40 minutos xa que contaron con córners, faltas e incluso 2 man a man co porteiro local, pero o gol non chegaba...

E sería o Allariz quen se adiantaría mediada a segunda metade logo de non despexar un rexeite na área pequena...
O gol dos locais era o que necesitaban os nosos para reaccionar, e poucos minutos despois, un pase atrás de Pablo dende a línea de fondo servía para que Marcos empuxara o balón ó fondo da rede... O xogador de Laza foi sen dúbida o máis destacado nos de Verín.

A remontada chegaría a 5 minutos para o final; Pablo de novo poría un balón perfecto á cabeza de Ángel e este remataría a pracer facendo o 1-2.

Victoria demasiado sufrida que deixa ós nosos no 2º posto... A semana que ven visita a Granxa o Pabellón Promesas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario