Da primeira parte, todo un desastre por parte dos nosos, só cabe destacar un man a man de Pepe que o porteiro evita con unha gran parada; e por suposto o gol dos visitantes: Un tiro dende o borde da área que desafortunadamente pega nas costas dun defensor e cambia a traxectoria, sen que Jose Carlos poida facer nada...
Co 0-1 chegaríamos ó descanso, e nos locais non se apreciaban aires de remontada...
Xa na segunda metade as cousas non cambiaban, e aínda que os nosos parecían estar máis asentados o gol non chegaba... Coa entrada de Jose, Edu, Íñigo, Aharón e Sergio o equipo colleu forza, e pouco a pouco o terreo de xogo limitouse ó campo do Celanova...
Pasaban os minutos e moitos quizais xa vían como os 3 puntos viaxaban a terra visitante, pero no minuto 38 da segunda metade, Sergio cun tiro raso e potente dende o borde da área á beira do pau dereito da portería facía o 1-1...
Na seguinte xogada, Ángel provocaría un córner, e despois do bo centro de Antonio, de novo Sergio remataría a gol... Era o 2-1 e a remontada fíxose posible!
Pouco despois de que o Celanova sacase de centro o árbitro pitou o final!
Importantísima victoria dos nosos Cadetes que permite seguir na loita pola segunda plaza e os acerca aínda máis ó Ourense!
No hay comentarios:
Publicar un comentario