Etiquetas
- Noticias (93)
- Crónicas (54)
- Xornadas (53)
- Fotos (29)
- Clasificación (21)
- Entrevistas (15)
- Plantilla (14)
- Goleadores (5)
martes, 10 de abril de 2012
PONTE OURENSE, 2º clasificado!
Faltan só 3 xornadas e a pesar de ter xa 4 claros candidatos á fase de ascenso aínda queda moito por decidir.
E sobre todo, tendo en conta que os partidos que quedan son todos entre rivais directos; por exemplo ós nosos cadetes tócalles: Ponte, Rúa e Arrabaldo.
Este fin de semana visita a Granxa un dos equipos revelación deste Play Off final da Primeira Autonómica Cadete! Un equipo que mellorou moitísimo no tramo final e que lles permite estar metidos de cheo na loita polo título de liga; xunto a Rúa e os nosos cadetes.
Ademáis contan coa vantaxe de ter un equipo A en Liga Galega que está sendo tamén a sensación: loitando por a 2ª plaza que lle dé dereito a tentar o ascenso a División de Honra! Lóxicamente procuran botar man dos rapaces do primeiro equipo para rematar entre os 4 primeiros na Autonómica. Por iso, o Ponte Ourense convertiuse nun dos equipos a batir.
Aínda non hai nada gañado e a pesar de que non falta moito para o remate da liga, queda moitísimo que remar para chegar a esa meta que non é outra que o primeiro posto! Isto pasa por gañar esta fin de semana ó 2º clasificado, nun partido que se prevé moi duro e sobre todo moi difícil.
Ante todo non confiarse, e moita sorte!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario