Contundente victoria dos Cadetes ante un Ponte que quizais non merecía tanto castigo...
Antes do pitido inicial gardouse un minuto de silencio polo falecemento da nai de Julio, delegado dos Cadetes. Dende aquí queremos mandar unha aperta a toda a familia, e por suposto: Todos e cada un dos 8 goles son para ti Julio! Ánimo.
O encontro comezou bastante apagado, sen moitas ocasións e coa posesión sen ter un dono claro.
Unha volea de Jose Luis, un tiro de Brais no rexeite dun córner e un remate de cabeza de Sergio foron as ocasións máis claras na primeira media hora.
Pero finalmente, a 10 minutos para o descanso, Jose Luis cun tiro raso dende o borde da área facía o primeiro para o Verín.
Pouco despois, logo dunha falta colgada por Brais, Ángel recollería o balón e cun tiro axustado por enriba do porteiro faría o 2-0. Con este resultado chegaríamos ó descanso.
Na segunda parte, coa entrada no campo de Pepe, Félix, Antonio e Álvaro o partido cambiaría radicalmente e comezaría o recital local... Ou mellor dito: o recital de Álvaro.
Primeiro, Antonio pon unha falta na área, e Brais co peito deixa para que Álvaro coloque o 3-0 no marcador.
Pouco despois, de novo Álvaro, recolle un balón na frontal e cun tiro forte e raso bate ó porteiro facendo o 4-0.
No minuto seguinte, Edu fai unha gran xogada persoal e pon o balón na área, este é recollido por Pepe que deixa atrás para que Álvaro empuxe a gol: 5-0.
Pero a cousa non quedaría ahí, xa que a 15 minutos para o final do encontro, Antonio pon unha falta na área, e Álvaro (para variar) facía o 6-0.
O quinto na conta persoal do dianteiro chegaría nun man a man que define á perfección: 7-0.
Finalmente, e para por o broche ó partido, Brais fai un desplazamento en longo para Sergio; este controla, xírase e cun forte tiro dende fora da área pon o balón na escadra.
Co 8-0 remataría o encontro!
Importantísima victoria dos Cadetes que con estos 3 puntos chegan líderes ó partido coa Rúa. Será un duelo definitivo, xa que o que consiga gañar farase co título de liga... No caso dun empate todo quedará pendente para a última xornada. Confiamos neste equipo, e sabemos que van dar o máximo no partido. Moita Sorte!
No hay comentarios:
Publicar un comentario